Saturday 04 de May de 2024

O alumnado de 1º da ESO do CPI Fonte Díaz recibe formación para protexerse fronte ao ciberacoso


O alumnado de Primeiro da ESO do CPI Fonte Díaz, no Concello de Touro, participou esta semana nunha xornada de información sobre Redes sociais.. Que se esconde tras elas, organizado polo Servizo de Prevención de Condutas Aditivas de Touro, Boqueixón e Teo e no que participa o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro. Ana Alonso, psicóloga experta en adicións, falou aos rapaces e rapazas nas súas aulas sobre os riscos da internet. Estas charlas, que comenzaron a impartirse en Touro o ano pasado aos país e nais, serven para evitar o ciberacoso. Entre os consellos aos máis novos está: comportarse con educación na rede, non facilitar datos persoais ou pedir axuda en situacións de acoso.